OBRAS

O Concello de Carballiño acondiciona as estradas do medio rural

Carba3_result
photo_camera Un momento da visita do alcalde, Francisco Fumega, as obras que se están a realizar en Ponterriza.

No plan, que ten un custo de 600.000 euros, colaboran Deputación e Xunta

O Concello do Carballiño está a desenvolver un plan que ten como obxectivo mellorar as infraestruturas viarias do medio rural, que nestes momentos centra os traballos nas obras de asfaltado de estradas en Ponterriza e Veiga. Así, nestes momentos estase levando a cabo o asfaltado da estrada de acceso e rúas na localidade de Ponterriza.

Este proxecto o executa a Deputación provincial mediante un convenio asinado co concello. Co obxectivo de seguir a evolución dos traballos, desprazáronse ata o lugar o alcalde, Francisco Fumega; a

concelleira de Medio Rural, Charo González, e o arquitecto municipal.

Simultáneamente, tamén están en marca as obras de mellora da estrada que comunica Veiga co Pavillón de Deportes, e que conleva nova canalización da auga e asfaltado en quente, que tamén se realizará na circunvalación do campo da festa.

Actualmente estanse executando catro proxectos importantes de mellora das infraestruturas na zona rural. Así, ademáis destes dous, estanse culminando as melloras das infraestruturas viarias en Partovia e o acceso ao balneario, así como en Señorín, nas rúas Outeiriño e Xesteira.

Complementariamente, tamén se leva a cabo neste intre a construcción dunha beirarrúa na rúa Juan Corral Pajariño, que é unha das poucas rúas do casco urbano que non contaba con beirarrúa, dificultando o paso de peóns e aceso aos edificios e e garaxes, polo aparcamento de coches nas dúas marxes.

O importe total deste plan ronda os 600.000 euros, e nel inclúense tamén os proxectos das rúas do casco urbano Otero Pedrayo, Aquilino Sánchez, Camiño de Aquilino Sánchez e beirarrúas da Avenida do Parque dende a antiga casa do Peón Caminero ao Instituto Chamoso Lamas. O custe do plan sufrágase con fondos do concello, da Deputación e da Xunta.

Te puede interesar