O Concello amplía os servizos de atención aos empresarios

uploaded_orientacion_resultado
Estes teléfonos están sendo atendidos por dúas orientadoras laboráis do departamento de Orientación Laboral do concello, e estarán operativos de luns a venres, excepto días festivos, en horario de 09,00 a 14,00 horas.

O Concello do Carballiño vén de habilitar dous números de teléfono para que os autónomos e empresarios poidan efectuar consultas e pedir información acerca das axudas, normativas e outras circunstancias que atinxan ao sector comercial e empresarial durante a actual crise sanitaria e económica provocada pola pandemia do covid-19.

Estes teléfonos están sendo atendidos por dúas orientadoras laboráis do departamento de Orientación Laboral do concello, e estarán operativos de luns a venres, excepto días festivos, en horario de 09,00 a 14,00 horas.

Os teléfonos son os seguintes: 662920641, que será atendido por Miriam, e 617851309, por Susana, segundo sinala o concelleiro responsable deste departamento, Manuel Dacal.

Nesta semana tamén se habilitará unha dirección de correo electrónico, que terá a mesma finalidade, segundo engaden os responsables municipais.

Trátase dunha inciativa enmarcada na campaña de apoio ao sector comercial, hostaleiro e empresarial do Carballiño, e que foi acordado durante as reunións celebradas estes días pasados con representantes destes sectores.

As autoridades municipais, primeiramente reuníronse con hostaleiros e comerciantes e seguidamente con empresarios da Área Industrial do Carballiño, entre eles, o presidente da asociación, Manuel Carballeda, acordando entre outras medidas a de facilitar información e asesoramento aos que o demanden.

Te puede interesar