O Concello de Beariz dedica unha pista de tenis a Roberto Rodríguez

O deportista conseguiú en 1996 a medalla de prata nas primeiras olimpiadas xuvenís de México, entroutros logros

A Corporación de Beariz aprobou por unanimidade dedicar a pista polideportiva ubicada na Goberna a Roberto Rodríguez Vázquez, que aínda que naceu en México en 1980, os seus pais son de Beariz, onde residen na actualidade, mentres o fillo faino en Vigo. 

Roberto Rodríguez conta cun amplio historial de éxitos como tenista, conseguindo en 1996 a medalla de prata nas primeiras olimpíadas xuvenís de México. Entre outros moitos logros, no ano 2000 foi seleccionado para formar parte da Copa Davis de México, que gañou contra Costa Rica.

No 2003 ofrécenlle a posibilidade de traballar en Galicia e no 2012 obtén a vitoria no Campionato Galego Absoluto de Tenis, coroándose como o número 1 da Comunidade Autónoma.

Volveu a proclamarse campión galego absoluto no 2015, 2016 e 2017. Tamén subcampión de España de veteranos de máis de 35 anos no 2015; subcampión do mundo no ano 2016 coa selección española; subcampión de Portugal por equipos veteranos no 2018, e campión no 2019.

Te puede interesar