O Concello de Beariz urbaniza a contorna da súa casa rectoral

A Deputación provincial de Ourense concedeu ao Concello de Beariz unha subvención por importe de 48.000 euros para poder acometer a actuación de urbanización da contorna da casa rectoral. A intervención consistirá en executar o destoconado preciso mediante motoserra e retroescavadora co correspondente troceado e apilado dos restos dos mesmos con carga e transporte ata o vertedoiro, e recheo e compactado dos ocos resultantes.

En toda a área de actuación levarase a cabo un desbroce na parte superficial incluíndo arbustos e herbas frondosas ata unha profundidade de 10 centímetros.

Realizarase, ademais, unha drenaxe perimetral ao edificio mediante unha tubaxe flexible de polietileno de 10 centímetros de diámetro sobre leito de formigón en masa colocado no exterior da beriarrúa e recheo con grava filtrante.

Así mesmo, levarase a cabo unha formación de céspede ornamental nunha superficie aproximada de 1.500 metros cadrados. Tamén se plantarán tres especies distintas de árbores e colocaranse bancos e papeleiras.

Na parte norte da parcela exectuarase un peche formado por tela metálica de un metro de altura con malla de arame e con dúas portas de acceso. Finalmente, procederase á construción dunha rampla de acceso a fin de facilitar a acesibilidade.

Te puede interesar