estradas

O Concello de Boborás aborda o arranxo de catro estradas locais

O Concello de Boborás arranxará catro viais con cargo ao Plan de Mellora de Camiños Municipais da Consellería de Medio Rural por un importe total de 64.263 euros

O Concello de Boborás arranxará catro viais con cargo ao Plan de Mellora de Camiños Municipais da Consellería de Medio Rural por un importe total de 64.263 euros. Serán as estradas de acceso á Fenteira, a do Curro, a de Rodas ás Quintás e o acceso a Paredes.

No caso da Fenteira está prevista a mellora da capa de rodadura, actualmente moi deteriorada debido a presenza dunha intensa actividade madeireira, nos tramos que unen os núcleos rurais de Sonelle e Fenteira e que comunica coa N-541. Na do Curro renovarase a capa de rodudadura e no acceso a Rodas e as Quintás farase similar intervención e limpeza e retirada de vexetación das marxes.

Por último, no acceso a Paredes proxectase a reparación previa do pavimento mediante limpeza e barrido, así como bacheo e asfaltado. 

Te puede interesar