Carballiño

O Concello carballiñés presenta un libro sobre igualdade nos colexios

O libro dos bolechas, "Macrofesta no Carballiño" estará na próxima semana en todos los centros educativos da vila

nnn A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Sanidade do Concello do Carballiño, a través do Centro de Información da Muller (CIM), presentará a próxima semana o libro dos Bolechas "Macrofesta no Carballiño" dentro do Programa de sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres da Secretaría Xeral de Igualdade. A presentación terá lugar nos centros educativos da vila de Educación Infantil e Primaria: Vila do Arenteiro, Sagrado Corazón, Calvo Sotelo, Campo da Feira e A Uceira.

No CPR Plurilingüe Vila do Arenteiro será o próximo 29 de outubro, ás 11,30 horas; no CPR Plurilingüe Sagrado Corazón, o mércores 30, ás 10,30 horas. O 8 de novembro, a presentación está prevista no CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo, ás 10,30 horas; mentres que no Campo da Feira la presentación será ás 11,00 horas e no centro de A Uceira, ás 12,00 horas.

O obxectivo do programa é sensibilizar a toda a comunidade educativa sobre a importancia que ten educar en igualdade, fomentar no alumnado valores e

actitudes de igualdade e que lles ensine a compartir a vida dende o respecto, segundo manifesta a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Sanidade, Lupe Sobrado.

Con este libro dos Bolechas, "Macrofesta no Carballiño", as autoridades municipais pretenden captar a atención dos rapaces dunha maneira lúdica co fin de conseguir o obxectivo de sensibilizar contra a violencia de xénero e sobre a igualdade.

Te puede interesar