TRÁFICO

O Concello de O Carballiño ensaia trocos no tráfico da vila

20180509212758105_result
photo_camera Rúa Evaristo Vaamonde.

Veranse afectadas as rúas Evaristo Vaamonde, Ramón Otero Pedrayo e Vicente Risco, dende hoxe e ata o luns

O concello do Carballiño comeza hoxe o ensaio do cambio do tráfico a sentido único das rúas Evaristo Vaamonde e Ramón Otero Pedrayo, así como da rúa Vicente Risco. Esta iniciativa levarase a cabo a partir das 9,00 horas e contará coa sinalización correspondente e o control da Policía Local.

Está previsto manter o operativo ata o luns, co obxectivo de poder realizar unha valoración exhaustiva da conveniencia destas medidas en aras a favorecer a seguridade dos peóns, a fluidez do tráfico e o incremento das prazas de aparcamento.

O sentido da rúa Evaristo Vaamonde será de entrada pola Avenida 25 de Xullo e saída por Conde Vallellano. Mentres que o sentido da rúa Otero Pedrayo será de entrada por Conde Vallellano e saída pola 25 de Xullo. Así mesmo, a rúa Vicente Risco será de entrada pola estrada de Ourense e saída pola 25 de Xullo.

Con estes cambios, de executarse definitivamente, todas as rúas transversais da Avenida 25 de Xullo terán sentido único.

Te puede interesar