mellora

O Concello limpa o monumento á emigración de Xesús Carballido

A restauración foi promovida pola Concellería de Medio Ambiente, que ven d e realizar tamén a limpeza do exterior da Praza de Abastos e do Auditorio

O monumento á emigración “Muntem”, no Carballiño, recobrou a cor que lle caracteriza das planchas de cobre con que está recuberto, tras unha exhaustiva limpeza con chorros de area. O proceso concluiu onte, e o monumento, creado polo artista Xesús Carballido, que participou na supervisión da restauración, recomendando o tipo de area que debía utilizarse para a limpeza, ofrece un aspecto semellante a cando se instalou no ano 2003. 

Se ben en 2014 levouse a cabo outra limpeza, a resina utilizada deulle un aspecto verdoso que escureceu ainda máis co paso do tempo. Nesta ocasión, tras os chorros de area efectuouse un lixado mecánico e outro manual con esponxa de rocha. A restauración foi promovida pola Concellería de Medio Ambiente, que ven d e realizar tamén a limpeza do exterior da Praza de Abastos e do Auditorio. 

Te puede interesar