Infraestruturas

O Concello de Carballiño reclama á Xunta o arranxo dun vial

2019111122314289384
photo_camera Estado no que está o vial de servizo de Casar.
Trátase do vial de servizo de Casar,  na Esgueva-Madarnás

A Concellería de Medio Rural do Carballiño, que dirixe Rosa Fuentes, agarda que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade arranxe canto antes un vial de servizo no Casar, na Esgueva-Madarnás, que se atopa en moi mal estado desde hai tempo.

Este acceso, que transcorre paralelo á estrada do Carballiño ao Irixo, é de titularidade autonómica, polo que desde o concello reclámase o seu arranxo, e sobre todo tras realizar unha exhaustiva limpeza ao longo e ancho do seu trazado, tanto polos propietarios dos terreos circundantes como polo propio concello.

Co obxectivo de que o acondicionamento deste vial de servizo non se prolongue demasiado, os responsables municipais incluso ofrecenlle á Consellería de Infraestruturas a posibilidade de obter a autorización para poder asfaltalo.

En todo caso, a concelleira de Medio Rural, Rosa Fuentes, espera que sexa a Administración autonómica quen leve a cabo estas obras de acondicionamento e que o faga no menor tempo posible, para dar resposta á demanda dos veciños.

Te puede interesar