O Concello de Cea ten pendente o monumento adicado ó pan

Guillermo Dopazo, concelleiro socialista na Corporación de San Cristovo de Cea, dirixiu un escrito ao alcalde, José Luis Valladares, sobre 'onde está o monumento ao Pan de Cea para o que recibiu unha subvención da Deputación de 20.000 euros'.
O portavoz da oposición e tamén diputado provincial do PSdeG afirma que o Concello pediu a subvención en setembro de 2008 e foi concedida o 5 de marzo de 2010. 'Da obra en cuestión, para a que o artista Acisclo Manzano presentara un boceto, nada se sabe, aínda que segundo informa a interventora da Deputación o pago efectuouse o 8 de abril de 2010,' sinala Dopazo, quen insiste en coñecer cal será a ubicación do monumento.

Te puede interesar