CONCELLO

O Concello de O Carballiño decide asumir o servizo de recadación

<p></p>
photo_camera Bernardo García e Francisco Fumega presentan o comezo da munipalización da recadación

Pertende mellorar o mecanismo de  control e facilitarlle o pago aos veciños

O concello do Carballiño anuncia o comezo, antes de final de ano, da posta en marcha do plan de munipalización da recadación. O goberno municipal asegura que aínda que se trata dunha medida pequena, xa leva tempo sendo contemplada e supón unha gran mellora tanto para o control polo concello coma unha facilidade no pago para os veciños.

Deste xeito, o abono dalgúns recibos como a expedición de documentos do catastro, conservatorio e escolas municipais, distribución da auga, licencias de obras menores, entre outros, xa se poderán efectuar dende o propio concello.Un caixeiro será instalado nos próximos días e facilitará o pago sen ter que desprazarse a unha entidade bancaria.

Os problemas que presentaba esta medida para que non fose implantada con anterioridade residen na instalación dun programa informático axeitado e a formación de funcionarios que soubesen como manexalo con destreza. Comezouse a traballar nesta proposta no ano 2015 a raíz dunha moción presentada pola Asociación Veciñal. As auditorías realizadas na época do goberno anterior alertaban da necesidade de que o concello asumise o control sobre o proceso da recadación que estaba xestionado por empresas externas, debido a cantidade económica que estaba sen notificar e prescribiu.

Ademáis, o concello estuda ampliar a dúas entidades bancarias as alternativas para o pago dos recibos que seguen sendo recaudados por empresas externas, que son o imposto do IBI, IAE, vehículos, urbanismo, multas e lixo, que leva actualmente a Deputación. Pretende poñer fin ás longas colas de espera que se porducen na empresa que xestiona o abono destes impostos e taxas.

Te puede interesar