Comercio

O Concello do Carballiño impulsa as vendas online

os responsables municipais consultan aos negocios se están interesados nesta plataforna 

O Concello do Carballño pon en marcha unha consulta aos establecementos comerciais, hostaleiros e de servizos, para coñecer o seu interese en participar nunha plataforma conxunta de venda online.

A través dun cuestionario publicado nunha páxina web, os establecementos poden respostar a un breve formulario co obxectivo de saber cantos están interesados en promover as vendas a través desta plataforma, e cales son as súas preferencias no xeito de participar.

A consulta está aberta a todos os sectores comerciais, hostaleiros e de servizos, e realízase coa finalidade de perfilar as características desta plataforma, que se promove para que as empresas e establecementos do Carballiño poidan ter un instrumento conxunto para ofrecer os seus produtos e servizos a través de internet.

Con esta medida, as autoridades municipais pretenden dar un impulso aos autónomos e pequenas empresas, sobre todo a aquelas que non dispoñén aínda da súa propia páxina de promoción en venda.

Te puede interesar