O Carballiño

O Concello de Maside elimina vertidos coa axuda da Xunta

O alcalde tamén solicitou apoio para rehabilitar o vello colexio para convertilo en centro cultural

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda colaborará co Concello de Maside na eliminación de varios puntos de vertido incontrolado (PVI) localizados neste municipio. Así o comprometeu a conselleira Ángeles Vázquez durante a reunión que mantivo co alcalde José Manuel Iglesias. No marco do subprograma de Clausura de Puntos de Vertido Incontrolado, recollido no Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia 2010-2022, a Xunta axuda e facilita aos concellos o cumprimento das súas competencias en materia de residuos executando labores de identificación e limpeza. 

Tamén en materia de xestión de residuos urbanos, o alcalde de Maside trasladoulle o seu interese en dotar ao seu municipio dun punto limpo móbil, polo que  a conselleira confirmoulle que nas próximas semanas publicarase unha nova convocatoria de subvencións dirixida ás entidades locais á que se pode acoller este concello.

Por último, José Manuel Iglesias tamén se referiu ao edificio do vello colexio de Maside, un inmoble que nestes momentos xa se utiliza con fins culturais pero que necesita dunha obra de rehabilitación para poder destinalo de forma permanente como centro sociocultural. Ao respecto, Ángeles Vázquez explicoulle as distintas liñas de axudas e tamén os préstamos sen xuros que o Instituto Galego da Vivenda e Solo pon a disposición dos concellos para actuacións de rehabilitación.

Te puede interesar