Orgullo LGTBI

O Concello do Carballiño non colga este ano a bandeira do Orgullo LGTBI

Ante a celebración mañá do Día Internacional do Orgullo LGTBI, o Concello do Carballiño quere manifestar a súa solidariedade e apoio ás reivindicacións deste colectivo. En consonancia co comité organizador do Orgullo Estatal LGTBI, quere homenaxear a toda a cidadanía e trasladar unha mensaxe global de forza, apoio, visibilidade e esperanza, especialmente, a todas as persoas do colectivo LGTBI que máis están sufrindo esta emerxencia socio-sanitaria polo covid 19.

Non obstante, ante a prohibición do Tribunal Constitucional de lucir nas fachadas dos edificios públicos bandeiras que non sexan oficiais, o concello este ano non colocará a do Orgullo.

Te puede interesar