OCIO

O Concello oferta as últimas prazas para dous campamentos

O Concello de Carballiño recorda que o próximo 12 de agosto remata o prazo para poder inscribirse nos campamentos xuvenís de aventura e inmersión lingüística en inglés

O Concello de Carballiño recorda que o próximo 12 de agosto remata o prazo para poder inscribirse nos campamentos xuvenís de aventura e inmersión lingüística en inglés, que se desenvolverán respectivamente, en Muíños e Silleda do 23 ao 29 de agosto. Para ambos campamentos aínda quedan algunhas prazas dispoñibles para realizar as correspondentes matrículas, segundo informan as autoridades municipais. 

O campamento de inmersión lingüística en inglés celebrarase en Silleda, do 23 ao 29 de agosto. Para este campamento ofértanse 24 prazas e vai dirixido a nenos de 14 a 15 anos. 

O segundo campamento, que ten unha temática de aventura no parque natural do Xurés, tamén se desenvolverá do 23 ao 29 de agosto, en Muiños. É un campamento organizado pola Deputación provincial, que oferta 15 prazas e está dirixido a nenos e de 9 a 11 anos. 

Te puede interesar