CONCELLO

O Concello quere “implicar" aos hosteleiros nas festas do 2017

A reunión terá lugar ás 17,00 horas no salón de plenos do Concello

Os concelleiros de Turismo e Cultura, José Manuel Dacal e Diego Fernández, convocan para este próximo mércores, 23 de novembro, ao sector hostaleiro do Carballiño coa finalidade de programar diversos eventos festivos de cara ao próximo ano. A reunión terá lugar ás 17,00 horas no salón de plenos do Concello e, entre outros temas, falarase dunha nova edición dos Cantos de Taberrna, do Entroido e da Festa da Cachucha. 


Segundo explican, o concello carballiñés persigue con esta convocatoria "implicar o máximo posible aos locais hostaleiros do Carballiño para colaborar e mellorar o financiamento destes eventos", co obxectivo de incrementar o seu interese e promoción. 

Te puede interesar