O Concello reparará as seis fontes ornamentais

uploaded_fonte_resultado
Solventará as avarías que teñen nos sistemas da auga e iluminación 

A Concellería de Medio Ambiente está ultimando un proxecto de acondicionamento das fontes ornamentais da vila. Trátase de solventar os problemas derivados de avarías producidas nos sistemas de auga e iluminación ou de obsolescencia dos equipos ou compoñentes destes sistemas. O obxectivo é conseguir que funcionen regularmente, para que as fontes poidan cumplir o cometido para o que foron creadas.

No plan prevese comezar por aquelas fontes que leven máis tempo en situación disfuncional, e que se atopan en lugares moi significativos da vila, como son a fonte-estanque da escultura Muntem, na Praza do Emigrante, e a fonte situada na Praza da Constitución, segundo sinala a concelleira responsable deste departamento municipal, Rita Soto.

A vila do Carballiño conta con seis fontes ornamentais, incluida a fonte histórica do Concello, na baixada a Flores. Así, están a fonte-estanque da escultura Munten, a fonte da rotonda da Alameda, a fonte da Praza Emilia Pardo Bazán, a fonte da Praza das Galiñas e a fonte da Praza da Constitución. Tamén son ornamentais as pirámides da Alameda e Praza do Emigrante, pero están totalmente inoperativas como fontes, e só cumplen a función de lucernarios e respiradoiros do parking, engaden os responsables municipais.

Desta maneira, os traballos comezarán en próximos días para que volvan a funcionar regularmente.

Te puede interesar