SERVICIOS

O Concello de San Amaro contará en breve coa fibra óptica

O grupo socialista cando se fixo cargo do goberno de San Amaro sinalou á deficiente cobertura de internet como unha das principais carencias que se convertirían en prioritarias para este goberno municipal.

O Concello de San Amaro contará con fibra óptica no municipio. Segundo indica o alcalde, Rubén Gómez, os traballos para a instalación de fibra óptica comezarán esta semana no núcleo de San Amaro "e posteriormente extenderanse a tódalas parroquias do municipio", sinala o rexedor municipal. Con tal motivo, Rubén Gómez engade que "dende o concello estamos a traballar para facilitar o labor, co fin de que os veciños poidan disfrutar canto antes desta mellora".

Así mesmo, Gómez afirma que o equipo de goberno municipal está "a traballar paralelamente para mellorar a cobertura móbil no concello, xa que se trata dunha demanda histórica dos veciños de San Amaro e moi necesaria, que precisamos poñerlle solución o antes posible".

Os membros do grupo de goberno, conformado polos socialistas e os independentes de Xuntos por San Amaro, declaran que son conscientes de que o acceso ás tecnoloxías da comunicación é algo moi deficitario neste concello e por iso  "é algo no que estamos a traballar para mellorar, xa que nos tempos nos que estamos é imprescindible solucionar", finaliza Gómez.

O grupo socialista cando se fixo cargo do goberno de San Amaro sinalou á deficiente cobertura de internet como unha das principais carencias que se convertirían en prioritarias para este goberno municipal.

Te puede interesar