Os concellos da comarca financiarán o Grumir

Juan Míguez y Barge, a la izquierda, con Bernardo García,Caamaño, Cerdeira y Fernández. (Foto: XESÚS FARIÑAS)
Os alcaldes e concelleiros dos equipos de goberno que participaron na xuntanza convocada polo concelleiro de Seguridade do Carballiño, José Antonio Barge, apoiaron a colaboración económica para o sostemento do Grumir local e decidiron manter este apoio no futuro.
Á reunión, na que estivo presente o xefe local de Protección Civil, Juan Míguez, acudiron os rexedores de Maside, Celso Fernández; Boborás, Cipriano Caamano; Piñor, Francisco José Fraga, e os ediles Manuel Cerdeira, de O Irixo, e Manuel Fernández, e faltaron representantes de Punxín, San Amaro e Beariz.

O acordo acadado reflexarase nun baremo que será remitido ós diferentes concellos, que aportarán unha cantidade económica proporcional según as horas de traballo do Grupo de emerxencias do Carballiño en cada un deles. Ademais, os representantes municipais tamén amosaron a súa conformidade en conservar este servizo de xeito mancomunado, unha vez sexa sustituido polo Parque Intercomarcal de Bombeiros.

Te puede interesar