MÚSICA

Concerto dos alumnos da Escola de Música e Conservatorio

O concerto terá lugar no Auditorio a partir das 20,30 horas

Os alumnos do Conservatorio e da Escola Municipal de Música do Carballiño ofrecerán hoxe un concerto extraordinario co gallo da celebración das Letras Galegas. O concerto terá lugar no Auditorio a partir das 20,30 horas. Tanto os profesores de ambas institucións como desde a área de Educación e Cultura do concello convídase a todos os veciños a asistir a este evento, que é xa tradicional na programación do conservatorio e da escola de música nunha efeméride tan sinalada da cultura galega.

Nesta semana terán lugar outros actos como a creación dun mural de homenaxe a Manuel María e a publicación dun marcador de páxinas que será distribuído entre os centros educativos e a todos os veciños, estando previsto xa para o 17 de maio a ruta urbana do libro Cantigueiro de Orcellón.

Te puede interesar