Concurso de decoración para comercio e hostalería en Carballiño

O comercio e a hostalería poden participar no concurso de decoración de Nadal convocado polo Concello de Carballiño, contribuíndo así ao embelecemento e ornamentación da vila e para atraer aos clientes nun ambiente agradable de compra e consumo durante estas datas.

Co concurso de decoración prémiase o esforzo e o traballo que realizan os comerciantes e hostaleiros a través da imaxinación e a orixinalidade na decoración artística e tradicional do Nadal. Poden participar tódolos establecementos do municipio, sen limitación de número ou de espazos e sen ningunha distinción por razón da súa actividade ou titular. 

Do comercio valórase en conxunto o mellor escaparate e na hostalería o mellor interior, así como elementos externos (entradas, portas, ventás...).

O importe total asignado no orzamento municipal ascende a 900 euros. Hai tres premios en cada categoría que van desde os 100 aos 200 euros.

Valórase a orixinalidade, creatividade e innovación, o deseño, montaxe e materiais, entre outros aspectos.

O prazo para presentar a documentación remata o 16 de decembro, ás 12,00 horas. Poderase formalizar a inscrición para participar na sede electrónica do Concello do Carballiño (www.carballiño.gal) ou ben de forma presencial no rexistro municipal, segundo se recollen nas bases do concurso.

Te puede interesar