CONCIENCIACIÓN

Concurso de lemas en Piñor contra a violencia de xénero

O lema gañador darase a coñecer o 18 de novembro, e será a mensaxe do Calendario 2017

O Concello de Piñor pon en marcha a terceira edición do Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes, para manter o compromiso na loita contra a violencia de xénero. Este ano levarase a cabo o programa de actividades Stop Violencia de Xénero, para o cal está solicitada a colaboración da Secretaría Xeral da Igualdade.


Quéret-T son obradoiros de enriquecemento persoal; tamén está previsto o I Concurso de lemas contra a violencia de xénero coa intención de implicar á toda a poboación, a través das redes sociais. O lema gañador darase a coñecer o 18 de novembro, e será a mensaxe do Calendario 2017. Finalmente, o 25 de novembro terá lugar o acto central desta programación cunha charla destinada principalmente á mulleres, na cal se alertará das influencias dos medios de comunicación. 

Te puede interesar