A Confederación Hidrográfica multa ós gandeiros de Beariz

Unha cerda de raza celta con dúas crías, no recinto do Oural.
A cooperativa de cría de porco celta de Beariz eludiu o pago dunha multa de 8.000 euros (reducida a 300) pola instalación dun valado no río Oural, que agora deberán retranquear tres metros, pola denuncia dun particular.
A xunta directiva da cooperativa de cría de porco celta existente no municipio de Beariz abonará unha multa de 300 euros á Confederación Hidrográfica del Norte, pola invasión do cauce do río Oural.

A denuncia dun veciño do municipio motivou ó organismo de xestión de conca a abrir un expediente sancionador (fixado inicialmente en 8.000 euros) contra a entidade gandeira pola instalación dun valado de protección na zona de policía do cauce fluvial, sen contar coa autorización pertinente.

Segundo o voceiro da cooperativa, José Balboa, ’a Confederación obríganos a retranquear tres metros o peche do recinto de cría dos porcos que instalamos no monte comunal de Lebozán’. O tamén tesoreiro da sociedade lamenta que ’haxa xente que só se adique a denunciar’.


Te puede interesar