PERSONAXE DO DÍA

"Conseguín romper ca cuarta parede que hai no teatro e estar máis preto do meu público"

1459899162-resize_044b1a39-josi_r-021-2kaaag_result
photo_camera A actriz María José Lage.

A actriz carballiñesa Josi Lage debuta coa peza "Barbarie en Blanco y Negro" en Barcelona, que chegará aos salóns de Galicia en abril

A actriz carballiñesa Josi Lage debuta no teatro cunha peza de performance chamada "Barbarie en Blanco y Negro". Trátase dunha peza que se alonxa das obras tradicionais, escrita expresamente para ela por Esther F. Carrodeguas. Está representada sólo por ela, cunha duración de 15 minutos e que utiliza a escuridade e a figura do Guernica para mostrar as súas inquedanzas e vivencias como muller no mundo do teatro. A estrea celebrouse en Barcelona a comezos deste mes e chegará a Galicia en abril.

Como nace esta obra?

Quería facer algo diferente, despois de tantos anos dedicada a este mundo e tomando a forma de moitas personaxes. Necesitaba sacar todas esas inquedanzas que tiña dentro, liberar as miñas vivencias. Isto é posible grazas a que Esther Carrodeguas entendeu moi claramente o que quería mostrar e plasmouno no papel. Foi o resultado de moitos pensamentos e sensacións que tiña gardados dentro e apuraban por saír. .

Que foi o que máis lle custou de saír a escea?

Era a primeira vez que estaba tan preto do público, que o podía tocar e cheirar e eles podían facer o mesmo conmigo. Entón, era un pouco perverso e unha incógnita moi grande como ían reaccionar eles e eu mesma. Como espectáculo recurre moito á provocación, e dábame un pouco de pudor tamén. Finalmente foi un deleite sacar todo o que tiña dentro.

Cal cre que foi a reacción do público?

Sorprendeume que ó rematar me deran as grazas por facer reflexionar e ser máis libres da realidade que as mulleres estamos padecendo neste e noutros sectores, con esa idea de que por ensinar o noso corpo estamos condicionando a resposta activa dos homes. O xénero masculino afirmou entendernos moito mellor despois de ver ó que os foi levando esta representación.

Está satisfeita cos resultados?

Moito. Conseguín romper con esa cuarta parede que hay no teatro e estar máis preto do meu público. Freábame a idea de ir a un sitio onde non es tan conñecida, como foi Barcelona, e aí é cando se amosa a túa valía no mundo do teatro. Alí era unha aposta de "gañas ou perdes" e aquí xa esperan algo de ti.

Te puede interesar