O Consistorio de Maside, de cor morada "por elas"

Casa do Concello de Maside.
photo_camera Casa do Concello de Maside.

O Concello de Maside desenvolverá durante a semana varias actividades con motivo do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero (25N). Comezará estreando un novo sistema de iluminación led na fachada da Casa do Concello de cor morada e para mañá están previstas as funcións "Entre Mulleres Anda o Xogo" para os escolares que traballarán os valores da igualdade. Co mesmo obxectivo desenvolve a campaña "Maside Libre de Violencias Machistas" con un logo que será a imaxe deste concello contra a violencia de xénero e que figura en pegatinas e bolsas que se repartirán polos establecementos.

Outra acción e a edición dun video promocional coa colaboración das mulleres do municipio, onde as protagonistas son veciñas. Finalmente, o goberno local levará ao pleno unha moción sobre o apoio ás mulleres maiores do rural.

Te puede interesar