RECOÑECEMENTO

Convocada a 32 edición do Premio Antón Losada

uploaded_anton_result
photo_camera Acto de entrega do premio, na pasada edición.

O fallo dos premios terá lugar o día 22 do próximo mes de abril no Concello do Carballiño

O Concello do Carballiño ven de publicar as bases da XXXII edición do Premio Antón Losada Diéguez, organizado alternativamente polos concellos do Carballiño e Boborás, coa colaboración da Deputación provincial, e que nesta ocasión lle corresponde convocar ao concello carballiñés.

O prazo para as editoriais para poder presentar as obras a este premio remata o 31 deste mes de xaneiro, e comprende aquelas publicadas entre o 1 de xaneiro do 2016 e o 31 de decembro do mesmo ano. Como é habitual, prémianse obras xa publicadas que non foran galardoadas con anterioridade e escritas en galego, establecéndose dúas modalidades, a de creación literaria e a de investigación e ensaio, con unha cuantía para cada unha delas de 6.000 euros.

O fallo dos premios terá lugar o día 22 do próximo mes de abril no Concello do Carballiño, onde se reunirá o xurado integrado por representantes de diversas institucións o organismos culturais, e a entrega do premio realizarase no pazo da familia Losada, en Moldes, o día 10 de xuño.

Te puede interesar