Política

A corporación de Punxín aproba impulsar un plan urbanístico

A moción, presentada por Compromiso por Galicia, foi aprobada por unanimidade

A corporación de Punxín aprobou onte xoves en pleno, e por unanimidade, unha moción de Compromiso por Galicia, defendida polo portavoz Eladio Fernández, para iniciar o proceso de redacción dun PXOM (Plan Xeral de Ordenación Municipal).

O concelleiro, Eladio Fernández, foi expoñendo as amplas posibilidades de desenvolvemento do concello magnificamente situado, atravesado por dúas autovías e liña de ferrocarril, e que carece dun plan de ordenación, onde conxugar as zonas residencial, comercial e de espazos verdes como os paseos do Barbantiño ou o Castro de San Cibrao de Las.

Así, o pleno tamén acordou demandar á Administración autonómica o apoio económico preciso para poder contratar a redacción do planeamento urbanístico de Punxín, mediante unha enmenda do PSdeG, aceptada por o portavoz de CxG.

A moción foi así aprobada por unanimidade dos concelleiros do PP, que goberna este municipio mediante pacto con Ciudadanos, que tamén daba o seu voto a favor, e o PSdeG.

Eladio Fernández manifestaba como concelleiro de CxG e tamén como veciño de Punxín que "trátase dun día histórico para este concello, xa que o PXOM vai supor o empuxón definitivo para o desenvolvemento do noso concello e o aproveitamento da súa privilexiada situación xeográfica".n

Te puede interesar