Críticas á protesta polo asasinato da Pastoriza no Carballiño

Diferentes partidos consideran que os socialistas non convocaron á participación na concentración

Os distintos partidos con representación municipal: Partido Popular, Espazo Común e Bloque Nacionalista Galego, xunto cos partidos sin representación na corporación: Podemos e Compromiso por Galicia, expresan a total desconformidade co xeito de proceder do grupo de goberno socialista do Carballiño "ao converter un acto de participación masiva e de repulsa contra a violencia machista, nun mero acto de trámite para sacar dúas fotos e ser protagonista nun día no que a morte de unha muller parece que carece de total importancia", sinalan nun comunicado en relación á concentración que tivo lugar por parte dun grupo de concelleiros e funcionarios na Praza Maior con motivo do asasinato de Pastoriza.

"Queremos denunciar a falla de repecto e de talante democrático por parte do grupo de goberno falando en nome da corporación sen falar coa corporación. É inaceptable que nin tan sequera se avisase aos grupos da oposición nin á veciñanza", manifestan estas formacións políticas.

Te puede interesar