Un curso achega internet ás persoas maiores do Carballiño

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello do Carballiño acollerá un curso na vindeira semana. Concretamente, entre os días 28 ó 31 de abril celebrarase o curso 'Formación Dixital Básica: iniciación á informática e internet para maiores', co que se pretende introducir a xente maior no mundo da informática e internet dun modo sinxelo, e cun horario de 11,00 a 12,30 horas.
As persoas interesadas nestas xornadas poden acudir a Aula CeMit municipal, ubicada no segundo andar da Casa do Concello, ou inscribirse ó traverso dunha chamada telefónica ó 988.530.007.

Te puede interesar