Un curso amosa a visión feminina no cine actual

A vila do Arenteiro convértese nesta semana na capital do audiovisual coa celebración, ata o 6 de agosto, das Xornadas de Cine e Vídeo en Galicia (Xociviga), que nesta vixésimo septima edición ofertarán un contido específico encol das produccións e experiencias desenvoltas por mulleres.
Deste xeito, a Universidade de Vigo ten programado dende hoxe o curso 'A muller na encrucillada do audiovisual', que será inaugurado oficialmente ás 12.30 horas pola directora xeral do Instituto da Muller, a ourensá Laura Seara, na Casa da Cultura. Nesta actividade organizaranse coloquioa, mesas redondas e proxeccións de curtas, longametraxes e dcoumentais , entre os que se atopa un ciclo adicado á productora uruguaia Manane Rodríguez, que recibirá o premio 'Xociviga de Honra' mañá, ás 22.30 horas, no Auditorio municipal.

A actriz colombiana Camila Bossa será a encargada de presentar a gala inaugual das xornadas neste mesmo recinto, a partires das 21.30 horas de hoxe. A continuación, autoridades e público en xeral terá a oportunida de asistir á proxección do filme 'Pájaros de papel', de Emilio Aragón.

Te puede interesar