CxG reclama unha maior seguridade nas pozas de Punxín

Eladio Fernández.
photo_camera Eladio Fernández.

Eladio Fernández, do CxG de Punxín, solicita do goberno municipal información sobre as liñas de alta tensión próximas

O concelleiro de CxG en Punxín, Eladio Fernández, presentou unha moción relativa á construción das pozas de baño termales neste municipio, porque según manifesta estanse facendo “baixo as liñas de alta tensión, que transportan entre 380.000 y 332.000 voltios”. Como concelleiro de CxG en Punxín, en repetidas ocasións “manifestamos a necesidade de facer un esforzo por aproveitar as surgencias termais situadas no paraxe coñecido
como ‘O Bañino’ para disfrute dos veciños e foráneos que desexen, pero sempre en condicións de hixiene e seguridade”, explica.

Sinala o concelleiro que “un recente estudo da Universidade de Berna chegou a conclusión de que as torres de alta tensión nas inmediacións das vivendas elevan o risco de contraer Alzhéimer en un radio de 50 metros da torre. Así mesmo, algúns estudios sinalan que a exposición prolongada a campos magnéticos propiciados polos cables de alta tensión, podía estar asociada con pequenos incrementos de risco de leucemia”.

CxG quere, mediante esta moción, coñecer as medidas de seguridade dado que as charcas atópanse xusto debaixo dos cables de alta tensión, “a todas luces un lugar inadecuado e perigoso”, segundo indica.

Te puede interesar