carballiño

A "Danza da Árbore" será ubicada cerca do Parque

carballiño
photo_camera Desta forma quedará a escultura na nova ubicación.

A escultura permeneceu case vinte anos no seu emprazamento da Praza da Constitución, ata que a comezos deste século se retirou á espera dunha nova ubicación

A brigada municipal de obras do Carballiño procede estes días a construir a plataforma onde se vai ubicar a escultura denominada “Danza da Árbore”, do arquitecto Fernando Blanco, que fora retirada hai case vinte anos do seu emprazamento orixinal na Praza da Constitución, situada tras a Casa Consistorial.

Esta escultura, composta por un armazón de ferro, dous mástiles abrazados e dúas bandas metálicas circulares na copa, semellando a abstracción dunha árbore, construíuse nos anos 80 e permeneceu case vinte anos no seu emprazamento da Praza da Constitución, ata que a comezos deste século reformouse dita praza e a escultura retirouse á espera dunha posible nova ubicación. 

Co obxectivo de recuperar esta peza artística, o concello, a proposta do propio autor da obra, tomou en consideración a súa reconstrución nun lugar axeitado como é a esquina do terreo público situado fronte ao mirador dos chopos da Piscifactoría, á carón da subida ao Instituto Chamoso Lamas e Mesego desde a Avenida do Parque.

Te puede interesar