Día da auga

Décima edición do Día da Auga na Insua dos Poetas

__img_0480_result
photo_camera Algúns dos mozos representando unha poesía relacionada coa agua.

250 rapaces de centros educativos participaron no acto de celebración

Máis de 250 rapaces de centros de estudos celebraron a décima edición do Día da Auga, da Árbore e da Poesía no emprazamento da Insua dos Poetas, ubicado en A Esgueva, en Madarnás. Os asistentes pertencían ós colexios IES número 1 do Carballiño, IESChamoso Lamas, Vila do Arenteiro, Sadrado Corazón, CEIP de Boborás, O Irixo, Beariz e, como invitado, o ourensán Maristas.

A iniciativa deste ano consistía en que cada centro escollera un termo relacionado ca auga e a ofrecera como agasallo á Fonte das Sete Palabras. Algunhas das verbas foron "chuvia", con motivo da tregua que deu para a celebración deste acto; "pingueiras", representadas polos máis cativos con cartulinas de cores; "fervenza", sensación que os nenos do CEIP de Boborás aseguraron que lles serve para relaxarse, ou "rebuldeira", que, segundo os mozos, imita á enerxía que teñen os adolescentes nesa etapa da súa vida.

Outros rapaces foron un pouco máis alá e, ca palabra "aforro", quixeron dar exemplo de pequenos hábitos na cociña, baño e xardín que axudarían a preservar un ben tan valioso. As actuacións teatrais, lectura de poemas, cancións e bailes coas que representaron a efeméride do día foron as protagonistas. Neste caso, a organización correu a cargo do colexio de Boborás, que foi o encargado de pechar as actuacións cun baile que animou a todos os presentes a participar.

Como broche final para esta xornada, os pequeños contribuiron a reforestación ca plantación de tres árbores, colocadas unha preto do escenario, outra da estatua de Rosalía de Castro e, por último, ó carón da Fonte das Sete Palabras. 

Algunhas autoridades tamén quixeron celebrar este día presidindo a actividade, coma foi o caso do presidente da Deputación, Manuel Baltar, quen destacou o seu orgullo por estar presente nun lugar coma este que "vive, revive e luce as súas mellores galas". Quixo dar a noraboa ós mozos que describiu coma "a parte fundamental do futuro, que hoxe falan de medio ambiente e de auga".

Tamén asistiron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, e o presidente da Fundación Insua dos Poetas, Luis Tosar. Fumega destacou a importancia dun ben tan escaso coma a auga e quiso insistir na necesidade de coidala porque "a cantidade da que dispoñemos é sempre a mesma".

Afirmou que outro dos problemas que estamos a experimentar é a polución asegurando que "o Arenteiro ía este verán un 80% contaminado". Pola súa parte, Valentín García mencionou a presencia da poesía e da palabra e animou a todos os presentes a non deixar nunca de seguir formándose.

Te puede interesar