O CARBALLIÑO

Descuberta unha calzada medieval na Ponte Veiga

20190321201955872_result
photo_camera Francisco Fumega observa o traballo que realiza o arqueólogo Jorge Lamas.

O concello deixará á vista 5 metros do antigo camiño a Compostela

O arqueólogo Jorge Lamas, a quen o Concello do Carballiño lle encargou a rehabilitación da Ponte de Veiga de orixe medieval, confirmou a existencia dun tramo de enlousado orixinal do antigo camiño que cruzaba a ponte e que estaba oculto desde hai moito tempo. De feito, o alcalde Francisco Fumega, encargoulle ao experto a realización dunha cata do terreo para comprobar se quedaban restos, que ahora Jorge Lamas xunto con outra arqueóloga proceden a deixalos ao descuberto, unha vez que xa remataron os traballos de limpeza da referida ponte. 

Trátase de deixar ao descuberto un tramo de aproximadamente catro metros ou cinco metros, segúndo apuntou Fumega, tendo en conta a proximidade coa estrada do Irixo, e co obxectivo de aumentar o valor da estructura medieval, que está incluída dentro do paseo fluvial do Arenteiro. Esta antiga calzada era un paso natural entre O Ribeiro e O Carballiño cara Santiago de Compostela.

Unha vez rematada esta cata, colocarase unha baranda de madeira para protexer o tramo do camiño descuberto, así como para evitar o desnivel duns 50 centímetros entre o terreo e o carreiro, que está ao mesmo nivel da calzada da ponte. 

Con esta intervención, que se completará con outra baranda de madeira que se colocará por seguridade nas lindes do camiño, e a iluminación da mesma, quedará ultimada esta fase de limpeza das dúas pontes medievais do Concello do Carballiño: a Ponte de Veiga e a de Pontarriza (que comparte con Boborás), esta última enmarcada nun proxecto conxunto da Mancomunidade Terras do Avia, para a recuperación de varias pontes, tamén en Ribadavia, Leiro e Boborás, dirixidas polo arqueólogo Jorge Lamas.   

O obxectivo en todas elas foi a limpeza da maleza que se introducía entre as pedras e que co tempo podía causar serios danos ás estructuras, polo que urxía unha intervención.

Te puede interesar