O Día da Bici ofrecerá un paseo en familia pola vila

Nesta edición sortearanse dúas bicicletas e entregarase unha camiseta conmemorativa aos 350 primeiros inscritos.

A XV edición do Día da Bici no Carballiño terá lugar o próximo 6 de outubro. Trátase dun paseo familiar, que está aberto a todas as idades, segundo apuntaron os participantes na presentación que se desenvolveu onte na Praza de Abastos: Silvia Baranda, concelleira de Deportes; o presidente da asociación de praceiros, Eligio González; o presidente do Centro Comercial Aberto, Julián Garriga; o presidente do Club Ciclista Carballiño e propietario de Sobre Rodas, Roberto Rodriguez, e Manuel Otero, de comercial Orcellón. 

Nesta edición sortearanse dúas bicicletas e entregarase unha camiseta conmemorativa aos 350 primeiros inscritos. As inscricións, que son gratuítas, poden efectuarse entre o 30 de setembro e o 4 de outubro na área de Deportes, ou o mesmo día do evento unha hora antes do comezo, de 10,00 a 11,00 horas, na Praza da Veracruz.

Te puede interesar