O CARBALLIÑO

Dizmar envía a primeira peza á ponte de Canadá

uploaded_pieza_result
photo_camera A peza, que xa está en camiño a Canadá.

O contrato foi conseguido pola empresa gracias á experiencia que ten neste tipo de traballos

A empresa Dizmar, instalada no parque empresarial do Carballiño, envía a primeira das vinte pezas que construirá para a Ponte Champlain de Montreal, que está na ruta dun dos tramos con máis tráfico de Norteamérica, e que cruzan cada ano máis de 50 millóns de vehículos. A peza, que pesa 200 toneladas, foi trasladada ata a Cañiza e onte a noite partiu cara o porto de Vigo, onde será embarcada con destino a Canadá.

O contrato foi conseguido pola empresa gracias á experiencia que ten neste tipo de traballos, como o Viaducto do AVE de Catoira ou obras en Ghana, Finlandia, Escocia e Brasil, por citar algúns dos países para os que ten realizado e realiza actualmente encargos.

O proxecto canadiense inclúe a construción da nova Ponte Champlain de 3,4 kilómetros, unha nova ponte de 470 metros para L´Îledes-Soeurs, a ampliación dunha  autoestrada entre o intercambio de Atwater e a nova ponte e a mellora das rampas que conducen desde dúas estradas na Costa Sur ata a ponte. Esta nova ponte estará rematada en decembro de 2018.
 

Te puede interesar