O CARBALLIÑO

Doce polígonos de Carballiño melloran as súas infraestruturas

Pilar García, Celso Garriga, Rosario Dacal, José Luis Valladares e Marisol Díaz.
photo_camera Pilar García, Celso Garriga, Rosario Dacal, José Luis Valladares e Marisol Díaz.

San Cristovo de Cea recibirá 232.269 euros do 1,1 millóns para a provincia

A Consellería de Economía, Emprego e Industria destina 1,1 millóns de euros para a execución de 15 proxectos que permitirán impulsar as infraestruturas de 12 polígonos industriais de 11 concellos da provincia de Ourense, dos que sete eran Concellos Emprendedores no momento de realizar a solicitude, o que lles deu prioridade na concesión das axudas. A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitou por ise motivo o polígono industrial de San Cristovo de Cea, un dos 12 recintos empresariais beneficiados. 

Díaz Mouteira e o alcalde, José Luis Valladares, analizaron as obras de mellora que se van a executar e que consistirán na instalación dunha planta de depuración de augas e mellora das infraestruturas viarias. O Goberno galego apoiará con máis de 232.269 euros a realización destas actuacións, asumindo así o 80% do custo da obra. San Cristovo de Cea é Concello Emprendedor, está adherido  ao convenio asinado entre a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para impulsar a captación de novos investimentos empresariais. 

Do total de proxectos aprobados, oito terán como obxectivo mellorar as infraestruturas viarias dos polígonos, aínda que tamén se desenvolverán iniciativas para a instalación de sistemas de seguridade e vixilancia en catro, e para plantas de depuración de auga, mellora do saneamento e tratamentos das augas pluviais son tres.

Te puede interesar