Dous detidos tras apoderarse de material de vía férrea nunha estación de Adif en Paderne de Allariz

A Guardia Civi detivo onte a dous individuos de 40 e 42 anos de idade tras apoderarse de material de vía férrea nunha estación de Adif en Paderne de Allariz.

Segundo informou o Instituto Armado, ás 10.00 horas do luns 24 de febreiro foron detidos F.M.G., de 40 anos, e A.G.M., de 42 anos de idade e veciño de Maside, como presuntos autores dun delito de furto.

Os arrestados están acusados de apoderarse o día 4 de febreiro de diverso material de vía férrea nunha estación de Adif da localidade de Paderne de Allariz.

As dilixencias instruídas en relación con estes feitos foron remitidas ao Xulgado de Instrución Número 1 do Carballiño.

Te puede interesar