O CARBALLIÑO

Dous estudantes realizan as prácticas no Concello

<p></p>
photo_camera Fumega, Novoa, Vázquez, Pinal e Cortina.

O alcalde e o director do IES Chamoso Lamas firmaron un convenio

Dous alumnos do último módulo da rama de electricidade do Instituto Chamoso Lamas realizarán 320 horas de prácticas no Concello do Carballiño co obxectivo de culminar o ciclo de FP básica, e ter así acceso ao ciclo medio ou a Bacharelato. O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, e o director do centro, José Manuel Vázquez, asinaron o convenio para que os alumnos Antonio Pinal e Carlos Cortina poidan realizar as prácticas nos servizos municipais.

O IES Chamoso Lamas conta na actualidade con aproximadamente 550 alumnos, dos que 18 están realizando prácticas. Tres deles están en Italia e dous en Portugal, mediante unha beca Erasmus, e o resto en diversas empresas da comarca. Estos alumnos son de FP básica, como os que se incorporan agora ao concello, e tamén dos ciclos medios de Xestión Administrativa, Instalación Eléctrica, Electromecánica de Vehículos, e o ciclo superior de Xestión Administrativa. O resto do alumnado estudia ESO, Bacharelato, ou está na Escola de Adultos e de Idiomas.

Te puede interesar