Dúas asociacións critican a cesión dun local para un curso de chinés

A Asociación Cultural e Xuvenil Donorte e a Asociación Cultural 8 Notas manifestan o seu malestar pola cesión de instalacións públicas para impartir un curso de mandarín que, segundo indican, é unha iniciativa privada con ánimo de lucro, mentres as entidades da villa non dispoñen de instalacións para a organización das súas actividades. Por eso, solicitan á Concellería de Cultura que as mesmas condicións 'se extendan para todas as iniciativas xurdidas do mundo asociativo carballiñés. Medios tales coma os locais muncipais, dos que as asociacións sen ánimo de lucro non dispoñemos'.
As dúas asociacións sinalan que se está 'creando un agravio comparativo, polo que reclamamos que, a partires deste momento, se dean as mesmas condicións, alomenos, para todas as iniciativas culturais'.

Así mesmo, solicitan tamén por escrito, 'que nos sexan aclaradas as condicións desta cesión de medios públicos a unha iniciativa privada'.

Te puede interesar