CARBALLIÑO

Dúas novas procesións matinais na Semana Santa carballiñesa

CARBALLIÑO
photo_camera Asistentes ao acto de presentación do programa de Semana Santa (C.R.).

A Cofradía da Vera Cruz presentará a imaxe do neno hebreo e a música terá un papel moi relevante

A Cofradía da Vera Cruz presentou este venres a programación da Semana Santa que este ano ofrece novidades como a celebración de dúas novas procesións, coas que suman un total de sete; un Via Crucis Procesional que será por primeira vez musical, co acompañamento da gaita de Isidro Vidal; unha nova imaxe, a do neno hebreo, realizada polo mesmo taller de escultura e imaxinería de Sevilla que tamén fixo as outras tres de anos anteriores encargadas pola cofradía; e un novo trono para a procesión do Domingo de Ramos, que necesitará máis de 30 costaleiros para levalo.

Ao acto asistiron o alcalde, Francisco Fumega, e o cofrade maior Rafael Melero, actuando de presentador Vidal López, ademais de varios curas, membros da cofradía e público en xeral.

Desta forma, haberá por vez primeira unha procesión matinal o Venres Santo e outra o Domingo de Pascua. Unha será a Procesión do Cristo da Boa Morte e celebrarase ás 12,00 horas, con saída da capela do Sagrado Corazón; e a outra é a Procesión da Resurrección, que se celebrará o 21 de abril, ás 12,45 horas, con saída do Templo da Veracruz e remate na igrexa parroquial.

Outras procesións serán a do traslado da Nosa Señora dos Doores ao Templo da Veracruz, o día12; a de Ramos, o 14 de abril; o Vía Crucis procesional, 0 17 de abril; a do Xoves Santo, e dúas o venres, unha pola mañá e a tradicional Dos Caladiños.

Finalmente, o Domingo de Pascua, a Procesión da Resurrección. Para elo contarase con numerosas voces e bandas, entre elas, a Real Banda da Deputación e A Lira de Ribadavia.

Te puede interesar