Concello, comerciantes e empresarios constituirán coa Xunta a nova Mesa do Comercio Local

Dúas oficiñas axudarán á xeración de novos negocios

A antiga Casa Sindical, onde está ubicada a sede dos comerciantes do Carballiño. (Foto: MARTIÑO PINAL)
Os responsables do Centro Comercial Aberto (CCA) e da Asociación de Comerciantes e Empresarios do Carballiño (ACEC) confían en que o novo equipo de goberno do Concello reactive a chamada Mesa do Comercio Local, que foi constituida antes das eleccións do 22 de maio e que agora deberá renovarse na súa representación política.
Iste foi un dos asuntos que se trataron na primeira reunión institucional que mantivo o alcalde, Argimiro Marnotes, do PP, cos directivos de ambalasduas asociacións e na que se abordaron outras cuestiós de interese para o comercio local.Entre elas, a creación do 'Centro de Negocios' que quere poñer en marcha o goberno municipal carballiñés, unha iniciativa que ten coma obxectivo 'orientar a todas aquelas persoas que teñan a intención de montar un establecemento comercial', sinala Argimiro Marnotes.


TRAMITACIÓNS

Neste departamento, que será ubicado na sede da ACEC, na antiga Casa Sindical, tamén se proporcionará ós emprendedores a información necesaria encol da tramitación de subvencións, asi como de calquera outro contacto que precisen para a apertura dun negocio. Para debatir esta e outras propostas, o alcalde carballiñés convocará en breve a reunión constitutiva da Mesa do Comercio Local, que está integrada por representantes dos propios comerciantes e dos empresarios de AICA (Área Industrial do Carballiño), Concello e Xunta.

Neste foro 'buscaranse fórmulas para poñer en marcha a oficiña de negocios, e tamén para sentar as bases do que será o Centro de Iniciativas Empresariais, con sede no polígono industrial', apunta Argimiro Marnotes. El Concello cederá el terreno necesario para construir las instalaciones, 'que servirán de enlace coas empresas que busquen parcelas, a fin de crear novos empregos no municipio'.

Te puede interesar