formación

Educación mediambiental para nenos unida á robótica

Neste taller traballaranse conceptos como o reciclaxe dos residuos ou a súa reducción

O Conxugar a educación medioambiental e a robótica é o obxectivo do obradoiro para nenos denominado Roboccamb, que patrocinan a Concellería de Medio Ambiente e o Centro Comercial Aberto, e que estará dirixido por Cristina González. Desenvolverase o 26, 27 e 28 de decembro, e o 2, 3 e 4 de xaneiro, de 10,00 a 13,00 horas, na sala do CCA, na antiga Casa Sindical. As prazas son limitadas, e por iso é preciso inscribirse previamente a través de internet.

Cristina González declarou que non se trata só dunha actividade de ocio, senón que ten unha componente educativa baseada nunha tecnoloxía que integra coñecementos e conceptos a través da robótica. Dixo que se ía traballar en materias como a reducción, reutilización e reciclaxe dos residuos, e que se prestará especial importancia ao Parque municipal do Carballiño, tanto pola sua flora como pola súa fauna. A concelleira, Érika Paz, destacou a dobre faceta de conxugar a robótica co coidado medioambiental e a posta en valor do patrimonio natural.

Te puede interesar