INICIATIVAS

Os emprendedores de Carballiño terán un espazo de 'coworking'

O Carballiño. 25-09-15. Rolda de prensa de Paco Fumega e Adolfo Nogueira no concello.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Rolda de prensa de Paco Fumega e Adolfo Nogueira

O paso previo para a posta en marcha desta iniciativa  terá lugar o vindeiro lunes, día 12 de decembro, ás 20,30 horas.

O Concello de Carballiño está a traballar nun proxecto que terá como obxectivo apoiar as iniciativas que poidan ter os emprendedores da vila. Esto plasmarase na creación dun espazo 'coworking', un local no que os interesados poderán poñer en marcha os seus proxectos e iniciativas, compartindo espazo e unha ampla variedade de recursos comúns.


O paso previo para a posta en marcha desta iniciativa  terá lugar o vindeiro lunes, día 12 de decembro, ás 20,30 horas. O salón de plenos do Concello do Carballiño servirá de escenario para unha charla que será impartida por Martiño Fortes Novoa,que ten como finalidade dar a  coñecer as potencialidades dos espazos  'Coworking'. Martiño Fortes é un dos responsables de Magma Coworking, creado en Ourense para o desenvolvemento de iniciativas empresariais compartindo espazo, ideas, vivenzas e incluso información. Esta tendencia, cada vez máis en auxe en Estados Unidos e en Europa, parte da premisa de que autonómos ou pequenas empresas teñen máis opcións de crecemento traballando de forma conxunta e, á súa vez, cun aforro importante nos gastos iniciais. 


Esta charla é o primeiro paso para, dende a área de Promoción Económica do Concello, valorar a posibilidade de impulsar un proxecto deste tipo financiado con recursos municipais para dar apoio a proxectos de emprendemento da nosa vila, segundo apuntou o concelleiro deste departamento municipal, Adolfo Nogueira. 

Te puede interesar