formación

A empresa Gri Towers formará a 45 parados nas súas instalacións

Os participantes formaranse nas materias de caldeirería, pintura e granallado e soldadura mig-mag

Un total de 45 alumnos poderanse formar na empresa Gri Towers Galicia, ubicada no parque empresarial do Carballiño, nas especialidades de caldeirería, pintura e granallado e soldadura mig-mag. O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, visitou este luns a unidade formativa para desempregados da empresa onde destacou a importancia de adaptar a formación ás necesidades reais para impulsar a súa competitividade e promover un emprego de calidade.

A Xunta mantén aberta, ata o vindeiro 7 de outubro, a nova convocatoria das Unidades Formativas na Empresa para desempregados na que se invisten tres millóns de euros co obxectivo de formar a 1.500 parados a través de 100 cursos. As empresas beneficiarias comprométense a contratar polo menos ao 40% dos alumnos que participen. A Xunta tamén apoiará ás compañías nas contratacións cando superen o compromiso fixado do 40%.

Ademais destes cursos, poñeranse en marcha unidades formativas para que as empresas que melloren a cualificación dos seus propios traballadores. Así, entre as dúas liñas, o Goberno galego destina oito millóns de euros á nova edición das Unidades Formativas na Empresa, para que as compañías poñan en marcha 500 unidades formativas para cualificar aorredor de 4.500 traballadores.

Te puede interesar