Empresa

Os empresarios interésanse pola Lei de posta en valor da agraria

O conselleiro de medio rural, José González, mantivo unha reunión con Jóvenes empresarios de Ourense

O conselleiro do Medio Rural, José González, mantivo un encontro con membros da Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) de Ourense, aos que lles explicou as posibilidades que ofrece a futura Lei de recuperación e posta en valor da terra agraria de Galicia. A reunión tivo lugar no obradoiro de Pan de Cea Aboamigalla, onde o conselleiro avanzou que xa se están poñendo en marcha figuras como as aldeas modelo ou os polígonos agroforestais coa intención de mobilizar, só este ano, máis de 5.000 hectáreas en toda Galicia. 

José González faloulles aos novos empresarios ourensáns das aldeas modelo, das que xa hai 11 declaradas en Galicia, oito delas na provincia. Tamén se referiu aos polígonos agroforestais como outra iniciativa de mobilización de terras voluntaria que persegue a recuperación de parcelas en estado de abandono ou infrautilización, e que na provincia ourensá porá en valor terreos na Arnoia, Carballiño ou Cualedro. A maiores, explicou o funcionamento das agrupacións de xestión forestal conxunta e as permutas de especial interese agrario. Todas elas beneficiarán tanto aos propietarios como aos agricultores, gandeiros e silvicultores, ademais de aos novos emprendedores e investidores.

Na súa intervención destacou tamén o selo Galicia Calidade, como clave para potenciar os produtos galegos de calidade diferenciada e avogou por un rural que sirva de motor económico mediante a aposta pola formación e a investigación.

Te puede interesar