CARBALLIÑO

Encontro de educadores galegos e portugueses en Cartballiño

carballiño
photo_camera Xosé Manuel Cid, Francisco Fumega, Pilar Sotelo e Alicia González (S.P.).

Participarán arredor de 150 persoas nunha experiencia que incluirá dende xogos, obradoiros así como debates

A Residencia do Tempo Libre do Carballiño acollerá o 33 Encontro Galego-Portugués de Educadores pola Paz, previsto para os días 3, 4 e 5 do próximo mes de maio, baixo o lema de Reciclar, Reutilizar, Reducir, Repartir: Repensando a Non Violencia desde o Ecopacifismo. Ao acto de presentación, que tivo lugar onte no Concello do Carballiño, asistiron o alcalde, Francisco Fumega; o profesor Xosé Manuel Cid; a directora da residencia, Pilar Sotelo, e a profesora Alicia González.

Xosé Manuel Cid manifestaba que "a paz como o oposto á guerra non está nas nosas mans, pero na concienciación é onde temos que traballar", porque "a paz ten que ver coa creación dun sistema máis xusto", sinalando que este ano o tema principal do encontro será o medio ambiente. Participarán entre 140 e 150 persoas e a experiencia incluirá xogos cooperativos, obradoiros e debate. Tamén se celebrará a Festa da Paz, na Praza Maior, onde se soltará a figura dunha pomba con globos. No sitio que aterrice, será onde se celebren os encontros o próximo ano.

Te puede interesar