carballiño

O encontro de superdeportivos atraerá a 100 coches de alta gama

encontro coches carballiño
photo_camera Santiago Pereira, Manuel Dacal e Jorge Coca. (S.P.)

Unha edición na que acuden por primeira vez integrantes do Club Porche de Asturias

O próximo 25 de maio terá lugar a IV Concentración de Superdeportivos Vila do Carballiño, que reunirá na Praza Maior a preto de cen coches de alta gama procedentes de toda Galicia. A esta edición acudirán por primeira vez integrantes do Club Porche de Asturias, o que da conta da proxeción que está a ter este evento incluso fóra de Galicia, segundo dixo Santiago Pereira, promotor da concentración xunto con Jorge Coca. Pereira tamén explicou o programa, que comezará ás 10,00 horas e continuará a partir das 12,30 horas, cunha ruta secreta pola comarca; logo será o xantar nunha carpa instalada na Praza Maior e ás 15,00 horas está previsto un último recorrido pola contorna.

O concelleiro de Deportes, Manuel Dacal, e Santiago Pereira, destacaron o elevado custo dos vehículos participantes, que vai dende os 50.000 aos 500.000 euros. Incluso é posible que asista a esta concentración un coche que está valorado en 600.000 euros, segundo apuntaron durante o acto de presentación.

Te puede interesar