POLÍTICA LOCAL

Érika Paz, presidenta local de Espazo Común no Carballiño

nstitución desta xuntanza local é a primeira das que terán lugar en próximas datas noutros concellos da comarca.

Érika Paz, actual concelleira no Carballiño, foi elexida por unanimidade primeira presidenta local de Espazo Común, que conta con 70 afiliados. A constitución desta xuntanza local é a primeira das que terán lugar en próximas datas noutros concellos da comarca.

Ademais, foron designados tamén as persoas que conformaran para os próximos catro anos o seu grupo de traballo, a través de delegacións sectoriais.

Paz manifestou o seu agradecemento polo apoio dos compañeiros, destacando a presenza e a forza que aporta o presidente do partido Pachi Vazquez e o feito de que a primeira responsable local de Espazo Común sexa unha muller. Paz garantiu esforzo e compromiso para que "este movemento cidadán de acción política siga a medrar recollendo as inquedanzas da veciñanza e tentando ser útiles para o pobo".

Te puede interesar