Música

A Escola de Música de Carballiño incorpora este ano a Batucada

As idades mínimas para comezar os estudios no Conservatorio son os 8 anos, e na Escola de Música, os 6 anos no relativo a música e movemento, e 7 anos

A Batucada e Música Moderna-Improvisación son as dúas disciplinas que introduce como novidade para este próximo curso 2020/21 a Escola de Música Municipal do Carballiño, e cuxo prazo de preinscrición de matrícula, que comezou o pasado 25 de xuño, aínda segue aberto.

Para matricularse na asignatura de Batucada só hai que ter oito anos cumpridos e sen outro límite de idade.

Para formalizar as inscricións, hai que solicitar cita previa chamando ao teléfono do concello 988 530007 coa extensión 327, da área municipal de Educación.

As idades mínimas para comezar os estudios no Conservatorio son os 8 anos, e na Escola de Música, os 6 anos no relativo a música e movemento, e 7 anos

Para instrumento.

Ademais, as disciplinas e especialidades que se poden seguir son: frauta travesera, saxofón, clarinete, trompeta, tuba, trombón, trompa, bombardino, violín, viola, guitarra, piano, percusión, canto, música e movemento, linguaxe musical preparatorio e linguaxe musical adultos.

Agora, cara este próximo curso, a Escola de Música incorpora a Batucada e a Música Moderna debido á importante demanda que teñen estas modalidades entre os alumnos, segundo apuntan os responsables municipais, que cada ano incorporan novas iniciativas e incrementan instrumental.

No curso pasado, entre o conservatorio e a escola sumaron ao redor de 200 alumnos matriculados, mentres que o número de profesores para impartir as distintas disciplinas musicais é de nove.

As aulas do conservatorio e da escola están ubicadas na parte posterior do Auditorio Manuel María e o seu funcionamento depende exclusivamente do Concello do Carballiño.

Te puede interesar